Villaluenga del Rosario é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca da Sierra de Cádiz e tiña en 2014 unha poboación de 456 habitantes.
Situado no leste da provincia, está a unha altitude de 858 metros, en pleno Parque Natural da Serra de Grazalema. Atópase aos pés do Navazo Alto (pico pertencente á Serra do Caíllo) e en fronte da Serra de Líbar.
É típico da súa gastronomía o queixo payoyo, producido con leite de cabra payoya, orixinaria da Serra de Grazalema e da Serranía de Ronda.