A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo.[2] A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián»,[3] e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade».[4] É unha das catro basílicas maiores.
Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.[7]
A Basílica de San Pedro non é nin a sé oficial do papa, nin se atopa a primeira entre as principais basílicas de Roma, pois este honor osténtao a catedral de Roma, a Basílica de San Xoán de Latrán; tampouco é a parroquia da Cidade do Vaticano, xa que hoxe en día é a Capela Paulina a que funciona como tal. Con todo, é a principal igrexa pontificia ao celebrarse nela a maioría das cerimonias papais debido ao seu tamaño, á súa proximidade á residencia papal e á súa localización dentro da Cidade do Vaticano.
Simón Pedro, logo dun ministerio duns trinta anos, viaxou a Roma. No ano 64, durante o reinado do emperadorNerón, os cristiáns foron responsabilizados do grande incendio de Roma, polo que Pedro foi martirizado, do mesmo xeito que outros moitos cristiáns. Foi crucificado cabeza abaixo, por petición propia, porque consideraba indigno morrer da mesma xeito que o fixo Cristo[9] A crucifixión tivo lugar preto do obeliscoexipcio que había nun extremo do Circo de Nerón. Este obelisco foi traído desde a cidade de Heliópole por Calígula no ano 37 d.C.[10] Hoxe en día atópase na Praza de San Pedro, e é venerado como unha «testemuña» da morte do apóstolo. É un dos varios antigos obeliscos de Roma[11]
Segundo a tradición, os restos de Pedro foron enterrados nos arredores do circo, no Outeiro Vaticano, avanzando pola Vía Cornelia, que partía do Circo, a menos de 150 m do lugar da súa morte. A tumba de Pedro estaba marcada por unha rocha de cor vermella, símbolo do seu nome, que lles servía aos cristiáns para identificala e, ao mesmo tempo, carecía de sentido para os non cristiáns, o que evitaba posibles represalias. Anos máis tarde, neste lugar construíse un santuario, que case 300 anos despois converteuse na Antiga Basílica de San Pedro.[10]
En 1939, durante o papado de Pío XII, realizouse unha investigación arqueolóxica de 10 anos de duración na cripta da basílica, que permanecía inaccesible desde o século IX. De feito, a área cuberta pola Cidade do Vaticano fora un cemiterio desde antes da construción do circo de Nerón. Ademais, alí eran enterradas as vítimas das execucións do circo, así como numerosos cristiáns que optaban por ser enterrados preto do apóstolo. As escavacións revelaron, en diferentes niveis, os restos dos santuarios que existiron nas épocas de Clemente VIII (1594), Calisto II (1123) e Gregorio I (590-604). Todas as construcións atopábanse sobre unha edícula que contiña fragmentos de ósos nun pano de papel tinguido de púrpura con adornos de ouro. Malia que non se puido determinar con certeza que os ósos foran os de Pedro, as vestimentas suxerían un enterro de grande importancia. O 23 de decembro de 1950, o papa Pío XII anunciou o descubrimento da tumba de San Pedro.[5]
A finais do século XV, tralo período do papado de Aviñón, debido a que a basílica paleocristiá atopábase bastante deteriorada e ameazaba con derrubarse, o PapaNicolao V encargou a súa reconstrución a Leon Battista Alberti e a Bernardo Rosellino, que foi o encargado de deseñar os cambios máis importantes, en 1452, mais os traballos interrompéronse tan só tres anos despois á morte do Papa, cando os muros tan só alcanzaban a erguerse un metro do chan. No seu proxecto, Rossellino mantivo o corpo lonxitudinal de cinco naves cubertas con teitos abovedados e renovou o transepto coa construción dunha ábsida máis ampla a que engadiu un coro; esta nova intersección entre o cruceiro e a ábsida cubriríase cunha bóveda. Esta configuración ideada por Rossellino influíu no posterior proxecto de Bramante. É con Xulio II en 1506 cando se reinician as obras acollendo o deseño proposto por Bramante, terminándose finalmente con Paulo V en 1626, grazas ás indulxencias que se venderon para o financiamento da obra. Debido a estas "indulxencias", un monxe alemán, Martiño Lutero, escusouse de vendelas e escribiu unha carta a Albrecht de Mainz en contra destas, incluíndo tamén o seu "Cuestionamento de Martiño Lutero ao Poder e Eficacia das Indulxencias", as que logo se coñeceron como "as 95 teses", que logo se converteron nun factor do comezo da Reforma e por tanto do nacemento do Protestantismo.
Para a construción da basílica houbo dous proxectos iniciais, un realizado por Bramante e outro por Rafael, sendo o primeiro un proxecto de cruz grega e o segundo de cruz latina. Posteriormente, Michelangelo retomou o proxecto de cruz grega de Bramante, deseñando tamén a cúpula da basílica, onde está escrito "Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarás a miña igrexa". O último arquitecto que interveu na construción foi Gian Lorenzo Bernini.
Na actualidade permítese a súa visita, incluída a cúpula, sempre tendo en conta que hai que vestir con recato. Está prohibida a entrada con tirantes e pantalóns curtos tanto a homes como a mulleres. Entre os moitos datos de interese sobre a basílica pódense destacar, por exemplo, que na nave central de mesma foi onde se reuniu o Concilio Vaticano II de 1962 a 1965, que a basílica é onde están enterrados a maioría do Papas, que na fachada se abren cinco portas, aínda que unha delas (a Porta Santa) só se abre cada 25 anos polos anos xubilares romanos ou que constitúe o maior templo da cristiandade do mundo.
Construción
O papa Xulio II propúxose continuar as obras iniciadas por Nicolao V, pero en 1505 decidiu a construción dunha nova basílica ex-novo, acorde coa nova estética renacentista.
Proxecto de Bramante
A construción do edificio actual iniciouse o 18 de abril de 1506. O proxecto foi encargado ao arquitecto Donato d'Angelo Bramante, chegado pouco antes desde Milán, e que se gañou a confianza do papa por encima do anterior arquitecto, Giuliano da Sangallo. Ata se encargou do deseño do Patio do Belvedere. O proxecto consistía nun edificio con planta de cruz grega inscrita nun cadrado e cuberta por cinco cúpulas, a central de maior tamaño e apoiada en catro grandes alicerces, inspirándose na Basílica de San Marcos, e un claro exemplo de planta centralizada típica do Renacemento.[14] A cúpula central, inspirada na do Panteón de Agripa, situábase sobre o cruceiro, e as restantes nos ángulos. Esta idea quedou plasmada nunha medallaacuñada por Caradosso para conmemorar a colocación da primeira pedra do templo o 18 de abril de 1506. Na construción da igrexa tamén resultou importante a aplicación dos estudos teóricos de Francesco di Giorgio, Filarete e, sobre todo, de Leonardo da Vinci, para igrexas de planta centralizada, cuxos resultados están claramente inspirados na planta octogonal da Catedral de Florencia.
Os traballos iniciáronse coa demolición da basílica paleocristián, o que foi moi criticado dentro e fóra da Igrexa por personalidades como Erasmo de Rotterdam ou Michelangelo, que criticou a destrución das columnas da antiga basílica.[15] Bramante foi alcumado «mestre ruinoso», e Andrea Garner burlouse del na sátiraScimmia («Mono»), publicada en Milán en 1517, onde presenta ao arquitecto falecido ante san Pedro, que lle recrimina a demolición cando lle propón a reconstrución do ceo.[16] A estes escándalos houbo que sumarlle o da venda de indulxencias para a construción da Basílica, o que tivo un papel importante no nacemento da Reforma protestante de Martiño Lutero, que viu os traballos na súa viaxe a Roma a finais de 1510, e en base ao que escribiría As 95 teses. Con todo isto, Bramante non puido ver avanzar demasiado a obra, pois morreu en 1514, cando só se edificaron pouco máis que os catro grandes alicerces que debían soster a gran cúpula central.
Proxectos de Rafael e Sangallo
Desde 1514 fíxose cargo da dirección da obra Rafael Sanzio, con frei Giovanni Giocondo e Antonio da Sangallo o Mozo, que continuou dirixindo as obras, xunto a Baldassarre Peruzzi, trala morte de Rafael en 1520. Todos eles cambiaron o plan de Bramante, optando por deseños que se inspiraban na tradicional planta basilical de cruz latina cun corpo lonxitudinal de tres naves. Sangallo presentou en 1546 un custoso modelo de madeira, na actualidade almacenado na basílica, no que sintetizaba todas as ideas xurdidas con anterioridade. Defendeu a planta centralizada ideada por Peruzzi cuberta por unha enorme cúpula maior que a planeada por Bramante, e rematada cun xigantesco dobre tambor; o conxunto quedaba flanqueando con dous altos campanarios.
Proxecto de Rafael.
Deseño de Sangallo.
Descrición
A Basílica de San Pedro é un dos edificios máis grandes do mundo. Ten 218 m de longo[17] e 136 m de altura ata a cúpula; presenta unha superficie total de 23000 m². O edificio está conectado co palacio do Vaticano por un corredor ao longo do corredor á beira da Scala Regia, xunto á fachada da Praza de San Pedro, e dous corredores que o conectan coa sancristía adxacente. Estes pasos elevados foron ideados por Michelangelo, de modo que a súa presenza non interrompe o perímetro da basílica e permite a existencia de ramificacións no templo. O exterior está construído con travertino, e caracterízase polo uso do orde xigante a partir do cal establécese o ático. Esta configuración é idea de Michelangelo e mantívose no corpo lonxitudinal engadido por Carlo Maderno.
O interior da basílica aloxa 45 altares e 11 capelas que gardan obras de arte moi valiosas, entre elas algunhas da antiga basílica, como a estatua de bronce de San Pedro (núm. 89), atribuída a Arnolfo di Cambio.
A fachada principal da basílica ten 115 m de ancho e 46 m de altura.[28] Foi construída polo arquitecto Carlo Maderno entre 1607 e 1614. Articulase a través da utilización de columnas de orde xigante que enmarcan a entrada e o «Balcón das bendicións», lugar desde onde se anuncia aos fieis a elección do novo papa, e desde onde este imparte a bendición Urbi et orbi. Tralo balcón atópase un enorme salón, usado polo papa para algunhas audiencias e outros actos, chamado «Aula das bendicións». A continuación, atópase un altorrelevo de Ambrogio Buonvicino realizado en 1614, titulado A entrega das chaves a San Pedro. No entaboamento, situado debaixo do frontón central, atópase gravada a inscrición:
IN HONOREM PRINCIPIS APOST PAVLVS V BVRGHESIVS ROMANVS PONT MAX AN MDCXII PONT VII
En honor do Príncipe dos Apóstolos, Paulo V Borghese Romano Pontífice Máximo ano 1612 ano sétimo do seu pontificado.
A primeira é a «Campanone», situada baixo reloxo, a súa nota é Fa menor, ten un diámetro de 2,316 m e un peso estimado de 8950 kg.
A seguinte é a «Campanoncino», realizada en 1725 por Inocencio Casini. Ten un diámetro de 1,772 m e cunha masa de 3640 kg, a súa nota é Si menordobre bemol diminuída 6/16 de semitón.
A terceira campá é a «Rota», é a máis antiga de todas, foi realizada por Guidotto Pisano no século XIII e a súa función orixinal era convocar aos auditores do Tribunal da Rota Romana. O seu peso é de 1815 kg. A súa nota é Re menor diminuída 6/16 de semitón.
A cuarta campá é a «Predica», realizada en 1909 por Giovanbattista Lucent, pesa 830 kg. A súa nota é Fa maior diminuída 8/16 de semitón.
A quinta é a «Ave María», foi refundida en 1932 por Daciano Colbachini. Ten un diámetro de 75 cm e 250 kg de peso. A súa nota é Si maior diminuída 5/16.
A última campá é a «Campanella», fundida en 1825 por Louis Loce pesa 235 kg. A súa nota é Do maior diminuída 3/16 de semitón.
Cando soan as seis campás ao unísono chámase plenum, isto sucede nas festas máis importantes do ano litúrgico: Pascua de Resurrección, Nadal, Epifanía e Pentecoste. Ademais, na solemnidad de San Pedro e San Paulo, o 29 de xuño. Desde o conclave de 2005, as campás de San Pedro teñen un papel importante posto que o seu son é diferente en función do resultado das votacións. Esta medida aplicouse para eliminar calquera dúbida sobre a cor do fume que precede ao anuncio «Habemus Papam».
Pórtico
O pórtico[31] atópase situado entre os cinco arcos que se abren na fachada e as portas do templo. A entrada está flanqueada por dúas estatuas ecuestres: Carlomagno (núm. 2),[32] a esquerda, obra de Agostino Cornacchini en 1725, e Constantino (núm. 8),[33] obra de Bernini en 1670, situado ante a entrada do Palacio do Vaticano pola Scala Rexia. A bóveda está decorada con deseño de Martino Ferrabosco pero realizada por Ambrogio Buonvicino, e inclúe as esculturas de trinta e dous papas, situadas aos lados das lunetas que conteñen relevos nos que se representan episodios da vida de San Pedro.[34]
Na parede por encima da entrada principal da basílica atópase unha parte do mosaico chamado A Navicella, obra de Giotto e que se atopaba na Antiga Basílica de San Pedro, foi colocada en 1674 (núm. 1).[35]
Portas
O acceso á basílica desde o pórtico realízase a través de cinco portas, de esquerda a dereita son: «Porta da Morte», «Porta do Ben e do Mal», «Porta de Filarete», «Porta dos Sacramentos» e «Porta Santa».
Porta da Morte
A «Porta da Morte» (núm. 3)[36] foi encargada por Xoán XXXIII e toma o seu nome por ser esta a porta de saída dos cortexos fúnebres dos papas.[37] Preséntanse catro paneis: no primeiro hai unha representación da Deposición de Cristo e a Asunción de María. No segundo represéntanse os símbolos da Eucaristía, o pan e o viño. No terceiro cadro aparece o tema da morte, representa o asasinato de Abel, a morte de Xosé, o martirio de San Pedro, a morte de Xoán XXIII (nunha esquina aparece o título da encíclica «Pacem in terris»), a morte no exilio de Gregorio VII e seis animais no acto da morte. Na cara interna da porta atópase a pegada da man do escultor e un momento do Concilio Vaticano II no que o primeiro cardeal africano, Laurean Rugambwa, rende homenaxe ao papa.
A «Porta de Filarete» ou «porta central» (núm. 5)[39] foi mandada construír polo papa Uxío IV a Antonio Averulino Filarete, que a realizou entre 1439 e 1445. Está feita de bronce e dividida en dúas follas, cada unha das cales presenta tres cadros superpostos. Nos cadros da parte superior represéntanse á esquerda a Cristo entronizado e á dereita á Virxe entronizada, nos paneis centrais están representados San Pedro entregando as chaves ao papa Uxío IV, e San Paulo cunha espada e un floreiro con flores. Os cadros inferiores presentan o martirio dos dous santos: á esquerda a decapitación de San Paulo, e á dereita a crucifixión de San Pedro. Os paneis están enmarcados por medallóns cos perfís dos emperadores, e entre eles frisos con episodios do pontificado de Uxío IV. Na parte interna atópase a infrecuente sinatura do autor.
A porta da dereita é a «Porta Santa» (núm. 7),[41] está realizada en bronce por Vico Consorti en 1950 e foi doada ao papa Pío XII polos católicos suízos para o xubileu dese ano. En dúas placas existentes a ambos os dous lados da porta atópanse o escudo de Pío XII e a bula de Bonifacio VIII que convocou o primeiro xubileu en 1300. No entaboamento do arco sobre a porta aparece a inscrición: PAVLVS V PONT MAX ANO XIII. Xusto encima da porta atópase a inscrición: GREGORIVS XIII PONT MAX. Entre estas dúas inscricións atópanse as placas que recordan a súa recente apertura:
IOANNES PAVLVS II P.M. PORTAM SANCTAM ANNO IVBILAEI MCMLXXVI A PAVLO PP VI RESERVATAM ET CLAVSAM APERVIT ET CLAVSIT ANNO IVB HVMANE REDEMP MCMLXXXIII – MCMLXXXIV
IOANNES PAVLVS II P.M. ITERVM PORTAM SANCTAM APERVIT ET CLAVSIT ANNO MAGNI IVBILAEI AB INCARNATIONE DOMINI MM-MMI
PAVLVS VI PONT MAX HVIVS PATRIARCALIS VATICANAE BASILICAE PORTAM SANCTAM APERVIT ET CLAVSIT ANNO IVBILAEI MCMLXXV
No ano xubilar de 1983-1984 pola redención humana, Xoán Paulo II, Pontífice Máximo, abriu e pechou a Porta Santa, pechada e selada polo Papa Paulo VI en 1976.
Xoán Paulo II, Pontífice Máximo, novamente abriu e cerrou a Porta Santa o ano do Magno Xubileu da Encarnación do Señor. 2000-2001.
Paulo VI, Pontífice Máximo, abriu e cerrou a Porta Santa desta Basílica Patriarcal Vaticana o ano jubilar de 1975.
Esta porta permanece pechada e tapada con cemento pola súa banda interior. Soamente o papa pode abrila e pechala nos Anos Santos, permanecendo todo ese ano aberta para o acceso dos fieis que poden gañar indulxencias.
Nave central
O espazo interior está dividido en tres naves separadas por grandes alicerces. A nave central[42] mide 187 metros de longo e 45 metros de altura; está cuberta por unha gran bóveda de canón. Entre os anos 1962 e 1965 esta nave acolleu as sesións do Concilio Vaticano Segundo.
No perímetro da nave aparece, situado no entaboamento baixo a bóveda, con letras de dous metros de altura, a inscrición:[59]
QVODCVMQVE LIGAVERIS SUPER TERRAM, ERIT LIGATVM ET IN COELIS, ET QVODCVMQVE SOLVERIS SVPER TERRAM, ERIT SOLVTVM ET IN COELIS • EGO ROGAVI PRO TE, O PETRE VT NON DEFICIAT FIDES TVA, ET TV ALIQVANDO CONVERSVS, CONFIRMA FRATRES TVOS Todo o que atares na terra será atado nos ceos; e todo o que desatares na terra será desatado nos ceos. ? Eu roguei por ti, que a túa fe non falte; e ti, unha vez volto, confirma aos teus irmáns.
A continuación encontranse os monumentos a Inocencio XII (núm. 15),[67] de Filippo Della Valle en 1746, e a Matilde de Canossa (núm. 16),[68] de Gian Lorenzo Bernini en 1633. A seguinte é a Capela do Santísimo Sacramento (núm. 17),[69] protexida por unha porta deseñada por Francesco Borromini. Nesta capela consérvase o Santísimo Sacramento. Xunto ao ciborio de bronce e lapislázuli que preside o altar, hai dous anxos adoradores, e unhas grandes lámpadas de aceite ardendo permanentemente. A capela foi deseñada por Carlo Maderno para conectar a actual basílica co corpo da antiga. Caracterízase por ter un teito máis baixo que o corpo da basílica, polo que se pecha cun ático que oculta a diferente elevación da cuberta. Contén dous monumentos: o de Gregorio XIII (núm. 18),[70] de Camillo Rusconi en 1723, e o de Gregorio XIV (núm. 19).[71] A partir de aquí comeza a deambulatorio que rodea o espazo ao redor da cúpula.
Para rematar, atópase a Capela do Coro (núm. 63),[80] presidida polo Altar da Inmaculada Concepción (núm. 62).[81] A capela é xemelga á Capela do Santísimo Sacramento, situada no lado da epístola, polo que presenta a mesma configuración. No último alicerce antes de pasar o deambulatorio sitúanse os monumentos a León XI (núm. 61),[82] obra de Alessandro Algardi en 1644, a Inocencio XI (núm. 60).[83]
O deambulatorio é o espazo que rodea os catro alicerces que sosteñen a cúpula e é o corazón da igrexa tal e como a deseñou Michelangelo.
No alicerce que corresponde coa nave da epístola atópase o altar de san Xerome (núm. 20),[84] coa tumba do papa Xoán XXIII, sobre a cal atópase un gran mosaico dun cadro de Domenichino. O espazo que queda entre a Capela do Sacramento e o cruceiro, acolle a Capela Gregoriana (núm. 21),[85] pechada por unha bóveda que no exterior conforma unha das dúas cúpulas menores. Aquí atópase o monumento a Gregorio XVI (núm. 22),[86] obra de Luís Amici en 1848-1857. Xunto a esta, no muro norte, atópase o «Altar da Virxe do Perpetuo Socorro» (núm. 23),[87] onde se atopan as reliquias de san Gregorio Nacianceno. Á beira está o Altar de san Basilio (núm. 24),[88] adornado cun mosaico do século XVIII, onde se atopan os restos de san Josafat Kuncewicz e, fronte a este, o monumento funerario de Bieito XIV (núm. 25).[89]
No lado sur do deambulatorio atópase, na columna da cúpula, un altar presidido por un mosaico que reproduce o soado cadro da Transfiguración de Rafael (núm. 59),[96] en cuxo altar atópase o corpo do beato Inocencio XI. A capela adxacente, similar á Gregoriana, é a «Capela Clementina» (núm. 58);[97] nela atópanse os monumentos funerarios de Gregorio Magno (núm. 56)[98] e de Pío VII (núm. 57),[99] de Bertel Thorvaldsen en 1831, único artista non católico que traballou na basílica. A continuación sitúase o Altar da Mentira (núm. 55)[100] adornado cun mosaico do século XVIII; fronte a este, o monumento a Pío VIII (núm. 54),[101] obra de Pietro Tenerani en 1866, cunha porta que conduce á Sancristía Maior da Basílica.[102]
Alén do transepto atópase o monumento funerario ao papa Alexandre VII (núm. 47),[103] unha notable obra de Gian Lorenzo Bernini que mostra ao Papa absorto en oración, coa morte, representada por un esqueleto sostendo un reloxo de area, por encima dunha porta que simboliza a entrada á outra vida. En fronte, sitúase o «Altar do Sagrado Corazón de Xesús» (núm. 48),[104] con mosaicos de 1930. A continuación, a «Capela da nosa Señora do Pilar» (núm. 44),[105] onde se atopan os altares dedicados á Virxe do Pilar (núm. 46)[106] e a León I o Magno (núm. 45),[107] cun magnífico retablo de mármore de Alessandro Algardi sobre a expulsión de Atila realizado entre 1645-1653. Para rematar, antes do presbiterio, atópase o «Altar de San Pedro curando a un paralítico» (núm. 43),[108] do século XVIII, e a tumba do papa Alexandre VIII (núm. 42).[109]
O órgano da basílica atópase entre o deambulatorio e o presbiterio; foi construído por Tamburini en 1962. Presenta dous corpos que se sitúan nos brazos do deambulatorio que parten do presbiterio, respectivamente alcumados, «Cornu Epistulae» e «Cornu Evangelii». Estes dous corpos correspóndense con dous órganos construídos a principios do século XX por Vegezzi-Carlo Bossi e Walker. O órgano do primeiro corpo comprende os rexistros do segundo e terceiro teclado, mentres que ao segundo corpo corresponde o primeiro e cuarto teclado. Os rexistros de pedal son repartidos en dúas partes segundo o organista necesite. Utilízanse dúas consolas de transmisión eléctrica; unha sitúase entre as butacas do coro cantor durante as celebracións no interior, mentres que outra se sitúa na praza para as celebracións do exterior. Foron construídas polo fabricante Mascioni en 1999.
En 1875, Aristide Cavaillé-Coll ofreceulle ao papa Pío IX o deseño dun grande órgano que nunca chegou a realizarse, así como outros proxectos, sempre provenientes de Francia. Hoxe en día, os organistas son James Edward Goettsche e Gianluca Libertucci.
«Cornu Evangelii».
Teclado do órgano.
«Cornu Epistulae».
Órgano do coro.
Transepto
O transepto norte esténdese cara ao Palacio Apostólico Vaticano e foi deseñado e construído por Michelangelo, que ampliou o deambulatorio que deseñaran os seus antecesores, de modo que gañou algúns nichos para altares coroados por grandes fiestras. No transepto norte,[110] existen tres altares dedicados a san Venceslau (núm. 27),[111]san Erasmo (núm. 29),[112] e, no centro, o dos santos mártires Proceso e Martiniano (núm. 28).[113] O transepto sur é similar ao anterior,[114] encontrándose os altares dedicados a san Xosé (núm. 51),[115] no centro, e os da Crucifixión de San Pedro (núm. 52)[116] e o de santo Tomé (núm. 50).[117]
No perímetro do transepto esquerdo aparece, no entaboamento baixo a bóveda con letras de dous metros de altura, a inscrición:[59]
DICIT TER TIBI PETRE IESUS DILIGIS ME? CUI TER O ELECTE RESPONDENS AIS: O DOMINE TU QUI OMNIA NOSTI TU SCIS QUIA DILIGO TE Díxolle a terceira vez: Simón, fillo de Xonás, ámasme? Pedro entristeciose de que lle dixese a terceira vez: Ámasme? e respondeulle: Señor, ti sábelo todo; ti sabes que te amo. Xesús díxolle: Apacienta as miñas ovellas.
Pola súa banda no transepto dereito atópase a inscrición:[59]
O PETRE, DIXISTI TU ES CHRISTUS FILIUS DEI VIVI, AIT IESUS: BEATUS ES SIMON BAR IONA QUIA CARO ET SANGUIS NON REVELAVIT TIBI Simón Pedro, dixo: Ti eres o Cristo, o Fillo do Deus vivente. Entón respondeulle Xesús: Ben aventurado es, Simón, fillo de Xonás, porque non cho revelou carne nin sangue.
O presbiterio presenta unha estrutura similar a dos extremos do transepto. Está dominado pola Cátedra de San Pedro (núm. 39),[134] situada no centro. É un monumental relicario obra de Gian Lorenzo Bernini, contendo unha cadeira de época paleocristiá que segundo a tradición era a utilizada por San Pedro; a cadeira apóiase nas esculturas dos catro Pais da Igrexa. O conxunto aparece iluminado por unha vidreira cunha pomba, simbolizando o Espírito Santo.
No perímetro do presbiterio aparece a inscrición en latín e grego:[59]
O PASTOR ECCLESIAE TU OMNES CHRISTI PASCIS AGNOS ET OVES • ΣΥ ΒΟΣΚΕΙΣ ΤΑ ΑΡΝΙΑ, ΣΥ ΠΟΙΜΑΙΝΕΙΣ ΤΑ ΠΡΟΒΑΤIΑ XΡΙΣΤΟΥ Oh pastor da Igrexia, alimenta a todos os cordeiros e as ovellas de Cristo
Atópase no cruceiro, situado baixo a cúpula, e está enmarcado polo monumental baldaquino de San Pedro (núm. 82),[145] obra de Gian Lorenzo Bernini, construído entre 1624 e 1633. Realizado en bronce extraído do Panteón, presenta unha altura de 30 m. Está sostido por catro columnas salomónicas a imitación das do Templo de Salomón e o tabernáculo da antiga basílica, cuxas columnas recuperáronse e colocáronse como adorno nos alicerces da cúpula de Michelangelo. No centro, á sombra do baldaquino, rodeado polo inmenso espazo baixo a cúpula, atópase o altar papal, un bloque de mármore branco en forma de paralelepípedo, e sobre el un crucifixo de bronce e un xogo de sete candelabros, no cal soamente o papa pode celebrar a Eucaristía en ocasións solemnes. Foi colocado verticalmente sobre a tumba de San Pedro e consagrado o 5 de xuño de 1594 polo papa Clemente VIII. Este altar é coñecido como «Altar da Confesión», ao estar situado sobre o lugar coñecido como «Confessio», a tumba do Apóstolo que co seu martirio confesou a súa fe.[145][146][147]
Na parte superior dos piares que sustentan a cúpula, no entaboamento, respectivamente sobre santa Verónica, santa Helena, santo Longinos e santo André, atópase a inscrición:
A cúpula da Basílica de San Pedro elévase a unha altura total de 136,57 m desde o chan ata a parte superior da cruz externa. É a cúpula máis alta do mundo. O seu diámetro interno é de 41,47 m, lixeiramente menor que dúas das tres enormes cúpulas que a precederon: a do Panteón de Agripa, de 43,3 m; e a da Catedral de Florencia, de 44 m. Os arquitectos de San Pedro baseáronse nestas dúas cúpulas para buscar o xeito de construír a que se concibiu como a maior cúpula da cristiandade. Construída desde 1547 ata 1590 por Michelangelo Buonarroti, quen despois faleceu e ocupou o seu lugar o seu discípulo Giacomo Della Porta.[154]
O perímetro interior da cúpula presenta a inscrición en latín con letras de 2 m de altura:[59]
TV ES PETRVS ET SVPER HANC PETRAM AEDIFICABO ECCLESIAM MEAM ET TIBI DABO CLAVES REGNI CAELORVM Ti es Pedro, e sobre esta rocha edificarei a miña igrexa. A ti dareiche as chaves do reino dos ceos. VulgataMateo "16:18–19". BibleGateway(en castelán)..
Baixo a lanterna atópase a inscrición:
S. PETRI GLORIAE SIXTVS PP. V. A. M. D. XC. PONTIF. V. Para a gloria de San Pedro, Sisto V, papa, no ano 1590 e o quinto ano do seu pontificado.
Vistas desde a cúpula de San Pedro.
Sancristía
A Sancristía maior é un edificio externo á basílica, situado no lado sur, que se conecta co templo a través de dous corredores sobre arcos que acceden á basílica atravesando a tumba de Pío VIII e a Capela do Coro.
En 1715 realizouse un concurso para construír unha sancristía, o ganador foi un proxecto de Filippo Juvara, cuxa maqueta en madeira consérvase nos depósitos da basílica, pero cuxo elevado custo impediu a súa execución. En 1776, o papa Pío VI encargou a Carlo Marchionni a execución do actual edificio, cuxa construción completouse en 1784. A obra concluída foi duramente criticada, sobre todo polo erudito Francesco Milizia, o que obrigou a Marchionni a abandonar a cidade.
A sancristía presenta planta octogonal e está cuberta por unha cúpula. Atópase flanqueada por varios edificios entre os que se atopan a Sancristía dos cóengos e beneficiarios, a Sala Capitular e o Tesouro.
As Grutas Vaticanas formáronse pola diferenza de cota entre a nova e a antiga basílica. Teñen forma de igrexa subterránea de tres naves. Utilizáronse como lugar de enterramento de moitos papas. O acceso realízase por unha escaleira dobre rodeada por unha elegante balaustrada sobre a que se queiman 99 lámpadas votivas; esta escaleira parte desde a parte frontal do Altar Papal. A escaleira finaliza ante a Confesión de San Pedro (núm. 65), obra de Carlo Maderno; ante o mosaico do Cristo Pantocrátor, atópase o cofre que garda os Palios. Tras este cofre atópanse os restos de mármore da tumba de San Pedro construída polo emperador Constantino. Na parte inferior atópase a bóla de bronce, chamada «cataracta» ou «billicus confessionis», que servía de acceso, desde a construción da primeira basílica, á tumba de Pedro.
O papa Pío XII, recentemente elixido en 1939, patrocinou a investigación arqueolóxica que en dez anos sacou á luz, primeiro o chan da Basílica Constantiniana, e máis tarde, os restos dunha necrópole romana que ocupaba a ladeira do Outeiro Vaticano, e que foi enterrada polos construtores da primeira basílica. A presenza desta zona de enterramento confirma a crenza de que o lugar de sepultura de san Pedro atópase no lugar onde se erixió primeiro un monumento e despois a basílica.
Trala escavación, en 1953 atopouse un nicho no que se podía recoñecer unha incompleta escritura en grego co nome de Pedro, no interior había algúns ósos envoltos nun pano de púrpura e fío de ouro. Este descubrimento anunciouno Pío XII convencido de que, con toda probabilidade, os restos eran do corpo de san Pedro. Estes restos foron colocados no subsolo, na posición orixinal que se corresponde exactamente coa vertical do Altar Papal, o baldaquino e a cúpula.
↑Véxase na entrada «Basilica Papale di San Pietro in Vaticano» do sitio GCatholic.org, dispoñible en: [1].
↑As reclamacións de que a Basílica da nosa Señora da Paz de Yamoussoukro de Costa do Marfil é máis grande que a Basílica de San Pedro, parecen ser falsas, xa que as medidas da primeira inclúen un reitorado, unha vila e, probablemente, a explanada. A súa cúpula, baseada na de San Pedro, é máis baixa, pero leva unha cruz máis alta, polo que di ser a igrexa coa cúpula máis alta.
↑James Les-Milne describe a Basílica de San Pedro como «a ocupante dunha posición única no mundo cristián» en Lees-Milne 1967, p. 12.
↑Banister Fletcher, o coñecido historiador da arquitectura chámaa «...a máis grande de todas as igrexas da cristiandade» en Fletcher 1996, p. 719.
↑ 5,05,1P. Jorge Loring, S.I. Catholic.net, ed. "La tumba de San Pedro"(en castelán). Consultado o 30 de abril de 2011. Identificación científica de la tumba y los huesos de San Pedro
↑Andrea Pollett. "Obeliscos en Roma"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 30 de abril de 2011.
↑Boorsch, Suzanne (Inverno de 1982-1983). "The Building of the Vatican: The Papacy and Architecture". The Metropolitan Museum of Art Bulletin40 (3): 4–8.
↑Guarducci, Margherita (1960). Hawthorn Books, ed. The Tomb of St Peter(en inglés). Consultado o 30 de maio de 2011.
↑Radio Vaticano (20 de outubro de 2004). "Bendición de la estatua de Santa Teresa de Jesús Jornet"(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06/12/2011. Consultado o 27/08/2013. encóntrase localizada nun “lugar privilexiado” da Patriarcal Basílica. Exactamente na parte exterior do deambulatorio, detrás da “Gloria de Bernini”, no nicho central da súa ábsida.
↑ 22,022,1angelicas.org (2006). "Santa Genoveva Torres, en la basílica vaticana"(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/06/2020. Consultado o 27/08/2013. Foille asignado a Santa Genoveva un nicho localizado na mesma ábsida exterior da Basílica, con vistas aos xardíns por onde pasea o Papa.
↑stpetersbasilica.info. "Facade of St. Peter's"(en inglés). Consultado o 10 de marzo do 2016. Deseñada por Carlo Maderno, 1608-1614 116 m de ancho, 53 m de alto
↑stpetersbasilica.info. "Estatua de San Pedro"(en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2011. Pío IX (1846-1878) decidiu substituír as antigas estatuas dos santos Pedro e Paulo polas actuais en Pascua de 1847. A estatua de San Pedro mide 5,55 m de altura e encóntrase sobre un pedestal de 4,91 m de alto.
↑stpetersbasilica.info. "Statue of St. Paul"(en inglés). Consultado o 28/08/2013. A estatua de San Paulo mide 5,55 m de altura e atópase sobre un pedestal de 4,91 m de alto. Foi restaurado en 1985-86 grazas á xenerosidade dos Cabaleiros de Colón.
↑Maderno. stpetersbasilica.info, ed. "The Portico"(en inglés). Consultado o 3/11/2013.
↑Cornacchini. stpetersbasilica.info, ed. "Charlemagne Statue"(en inglés). Consultado o 3/11/2013.
↑stpetersbasilica.info. "Constantine Statue"(en inglés). Consultado o 3/11/2013. A estatua ecuestre de Constantino feita por Bernini e considerada como unha das súas obras mestras.
↑stpetersbasilica.info. "The Portico Ceiling"(en inglés). Consultado o 3/11/2013. Mapas da bóveda.
↑stpetersbasilica.info. "The Navicella"(en inglés). Consultado o 3/11/2013.
↑Manzù (1961-64). stpetersbasilica.info, ed. "Door of Death Porta da morte"(en inglés). Consultado o 14 de maio do 2016. Presenta grandes paneis modelados da Crucifixión e a Anunciación, menos os paneis dos profetas, apóstolos e santos.
↑ 37,037,1www.romaspqr.it. "San Pietro"(en italiano). Consultado o 14 de maio do 2016.
↑Minguzzi (1977). stpetersbasilica.info, ed. "Door of Good and Evil Porta do Ben e do Mal"(en inglés). Consultado o 14 de maio do 2016. Esta segunda porta da esquerda foi doada ao Papa Paulo VI, no seu aniversario número 80. Os paneis da dereita mostran a bondade, a maldade os da esquerda.
↑stpetersbasilica.info. "Door of the Sacraments"(en inglés). Consultado o 14 de maio do 2016. Normalmente é a porta aberta para entrar na basílica. Os paneles mostran os sete sacramentos e a predicación.
↑stpetersbasilica.info. "The Holy Door"(en inglés). Consultado o 14 de maio do 2016.
↑ 42,042,1ST PETERS BASILICA . INFO. "The Nave"(en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2015. O disco vermello de pórfiro na entrada, tomada da antiga basílica, é a pedra sobre a que Carlomagno e outros emperadores foron coroados.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "St. Teresa of Jesus"(en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Statue of St. Peter"(en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2015. Esta antiga estatua de bronce de San Pedro ten os dedos do pé dereito desgastados por séculos de peregrinos que tradicionalmente tocan o pé.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "St. John Bosco"(en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Chapel of the Pieta". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
MICHAEL. ANGELUS. BONAROTUS. FLORENT. FACIEBAT
Inscrición.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Leo XII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Cando o Papa León XII foi elixido tratou de rexeitar o cargo alegando a súa mala saúde, díxolle aos cardeais: «Están elixindo a un home morto».
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Christina of Sweden". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Hai tres relevos na urna: Christina renuncia ao trono de Suecia a aceptar o catolicismo (centro), o desprezo da nobreza (á dereita), a fe que triunfa sobre a herexía (á esquerda).
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Chapel of St. Sebastian". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Pius XI". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Pius XII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Dise que o xesto de Pío XII mostra o seu desexo de poñer fin á Segunda Guerra Mundial.
Nada se perde na paz, todo pode perderse coa guerra.
Pío XII.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Innocent XII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. A figura alegórica da Caridade é considerada unha obra mestra desta composición
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Blessed Sacrament Chapel". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
«Só aqueles que desexen orar poden entrar».
Este signo diante da Capela do Santísimo Sacramento permite aos visitantes saber que este é un lugar para a reflexión e non só parte dunha visita da basílica.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Gregory XIII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Aos lados están as estatuas alegóricas da Relixión, sostendo as táboas da Lei, e magnificencia, na base é un dragón, en alusión á figura heráldica da familia Boncompagni.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monumento a Gregorio XIIII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
A ornamentación dunha tumba, a mostra de duelo, e as pompas fúnebres, son consolos para os sobreviventes, non beneficia aos mortos. Para as almas piadosas que, libre de pecados, voaron ao Señor, pouco importa que os seus corpos teñen unha tumba sórdida, ou ningunha, como a máis custosa tumba non fai nada polos impíos e os que se obrigan aínda nos lazos do pecado.
Gregorio XIV.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Baptistery Chapel". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to the Stuarts". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Esta obra mestra de Canova conmemora a James III, antigo pretendiente ao trono inglés, e os seus dous fillos, o príncipe Carlos e Hnrique.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Presentation Chapel". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to John XXIII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Unha das escenas representadas neste monumento é a visita do Papa á prisión Regina Coeli en Roma. Díxolle aos prisioneiros que posto que eles non poden ir velo, el veu velos a eles.
O segredo de todo é deixarse levar polo Señor e para o Señor.
Xoán XXIII na súa coronación.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Benedict XV". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. O Pontífice absórbese na oración, de xeonllos sobre unha tumba que conmemora a Primeira Guerra Mundial, que describiu como unha «matanza inútil». A tumba está cuberta de ramas de olivo, símbolo da paz. Por encima da estatua está María, presentando a Xesús, Príncipe da Paz, a un mundo en lapas.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Innocent VIII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. O seu corpo, que leva unha máscara de prata, pódese ver no altar da Capela de presentación.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Innocent VIII". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. Na man esquerda, o Papa, mostra a lanza que traspasou o costado de Xesús. A reliquia real que lle deu o sultán, consérvase no balcón encima da estatua de San Longinos.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Chapel of the Choir". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Leo XI". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. As rosas talladas no zócolo conteñen a inscrición «Sic florui», en referencia ao feito de que reinou só 27 días, en 1605. Aos seus lados están dúas alegorías femininas: a enteireza e a xenerosidade. A escena seguinte é a abxuración do protestantismo feita por Henrique IV de Francia cando León foi nuncio apostólico, e a firma dun tratado de paz entre España e Francia.
↑ST PETERS BASILICA . INFO. "Monument to Bl. Innocent XI". stpetersbasilica.info(en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015. A figura do Papa está flanqueada pola fe e a fortaleza. O baixorrelevo mostra a vitoria sobre os turcos en Viena en 1683. Inocencio XI foi beatificado o 7 de outubro 1956, a súa festa é o 13 de agosto. O corpo do Papa é visible baixo o altar da Transfiguración no lado oposto da basílica
↑stpetersbasilica.info. "Altar de San Xerome"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. O lenzo orixinal de «A última comuñón de San Xerome» atópase actualmente na Galería do Vaticano.
↑stpetersbasilica.info. "Capela Gregoriana"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. A Capela Gregoriana leva o nome do seu patrón Gregorio XIII. Contén as tumbas de Bieito XIV e Gregorio XVI, ademais os altares de San Basilio, Virxe do Socorro e San Xerome.
↑stpetersbasilica.info. "Altar da Nosa Señora do Socorro"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. A nosa Señora do Perpetuo Socorro, cuxa imaxe, pintura sobre madeira, atopábase anteriormente no Oratorio de San León na antiga Basílica e trasladouse aquí en 1578.
↑stpetersbasilica.info. "Altar de San Basilio"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016.
↑stpetersbasilica.info. "Altar da Navicella"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. O Altar da Navicella deriva o seu nome da narrativa do Evanxeo de Xesús camiñando sobre a auga.
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Clemente X"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. No chan, diante do monumento ao papa Clemente X, baixo unha lápida sinxela, encóntranse os restos do papa Sisto IV e o papa Xulio II.
↑stpetersbasilica.info. "Altar da Transfiguración"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. É un dos mosaicos máis belos de San Pedro, este retablo é unha reprodución da pintura «Leito de morte» de Rafael, actualmente no Museo Vaticano. Xullo de Medicis encargou a pintura para a Catedral de Narbona, pero mantívose en Roma, en San Pietro in Montorio, desde 1523. Napoleón levouno a París en 1797, e foi devolto ao Vaticano en 1815. Un equipo de seis artistas tardou nove anos en executar o mosaico, terminando en 1767.
↑stpetersbasilica.info. "Capilla Clementina"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016.
↑stpetersbasilica.info. "Altar de San Gregorio o Grande"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. Baixo o altar atópase un sarcófago de mármore branco que contén as reliquias do Papa San Gregorio Magno (590-604), doutor da Igrexa. Foi o primeiro Papa en adoptar o título de «Servo dos servos de Deus».
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Pío VII"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. O seu autor, Thorvaldsen, non podía asinar a obra ao non ser católico polo que esculpió o seu rostro en lugar da do Papa.
↑stpetersbasilica.info. "Altar do Sagrado Corazón"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. Creado con motivo da canonización de Santa Margarida María Alacoque en 1923.
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Pío VIII"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. O Papa está de xeonllos diante da figura de Cristo entronizado, aos lados sitúanse as estatuas dos santos Pedro e Pablo. Tamén aparecen as alegorías da prudencia e a xustiza.
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Alexandre VII"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. É unha das obras máis importantes da basílica, obra cume de Bernini.
↑stpetersbasilica.info. "Altar da Mentira"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. Logo de mentir a San Pedro, Saphira caeu ao chan ante o Apóstolo. No fondo uns mozos lévanse o cadáver do seu marido, Ananías. Hechos "5:1-11". BibleGateway(en castelán).
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Alexandre VIII"(en inglés). Consultado o 25 de marzo do 2016. Este monumento a Alexandre VIII utiliza unha gran variedade de mármores preciosos. O baixo relevo frontal recibiu grandes eloxios, representa a canonización de cinco santos o 16 de outubro de 1690.
↑stpetersbasilica.info. "Transepto norte"(en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2016. Neste lugar celebrouse o Concilio Vaticano Primeiro. Só é accesible para os que queren recibir o sacramento da confesión.
↑stpetersbasilica.info. "Altar de San Erasmo"(en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2016.
↑stpetersbasilica.info. "Altar dos Santos Proceso e Martiniano"(en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2011. Estes santos foron dous mártires romanos que foron gardas de San Pedro no cárcere Mamertina e que se converteron e bautizaron. As súas reliquias atópanse na urna de pórfiro baixo o altar. O mosaico sobre o altar representa o seu martirio.
↑stpetersbasilica.info. "Transepto sur"(en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2016.
↑stpetersbasilica.info. "Altar de San Xosé"(en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2016. O altar central do transepto esquerdo foi dedicada a San Xosé , o esposo de María, e bendicido polo Papa Xoán XXIII o 19 de marzo de 1963. Un antigo sarcófago no altar contén as reliquias dos apóstolos Simón o Cananeo e Xudas Tadeo.
Unha antiga tradición afirma que San Pedro sufriu o martirio precisamente onde se atopa este altar. De feito está parte da basílica está construída en realidade no lugar do Circo de Nerón.
↑stpetersbasilica.info. "Altar de Santo Tome o Apóstolo"(en inglés). Consultado o 6 de agosto do 2016. Baixo o altar están as reliquias do papa San Bonifacio IV, que consagrou o Panteón para o culto cristián.
↑stpetersbasilica.info. "Monumento a Paulo III"(en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2011. As alegorías da Xustiza e a Prudencia dise que son retratos de Julia, irmá do Papa, e da súa nai.
↑stpetersbasilica.info. "San Elías"(en inglés). Consultado o 31 de maio de 2011.
↑ 145,0145,1artehistoria. "Basílica de San Pedro (Roma, Italia). Baldaquino"(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2017. Consultado o 7/03/2015. O centro da Basílica é o Altar Papal, onde só o Papa celebra misa. Foi consagrado polo Papa Clemente VIII o 5 de xuño de 1594. Está construído encima doutros altares maiores.
↑Lorenzo Bianchi. "San Andrés"(en castelán). Consultado o 30 de maio de 2011. foi conservada en San Pedro (na columna chamada de San Andrés) ata xuño de 1964, cando por vontade de Paulo VI foi devolta en sinal de amizade á Igrexa ortodoxa ao bispo metropolitano de Patras, onde hoxe se conserva na igrexa dedicada a san Andrés, edificada no lugar que a tradición sinala como a do seu martirio.
Betts, Richard J. (1993). "Structural Innovation and Structural Design in Renaissance Architecture". Journal of the Society of Architectural Historians52 (1): 5–25. JSTOR990755. doi:10.2307/990755.
Boorsch, Suzanne (1982). "The Building of the Vatican: The Papacy and Architecture". The Metropolitan Museum of Art Bulletin (New York) XL (3): 4–64. JSTOR3258914. OCLC39642638. doi:10.2307/3258914.
Dzyubanskyy, Taras (2010). The Development of the Cult of St. Peter in the Vatican: from the poor man's grave to the largest basilica in the world. Lviv.
Finch, Margaret (1991). "The Cantharus and Pigna at Old Saint Peter's". Gesta30 (1): 16–26. JSTOR767006. doi:10.2307/767006.
Fletcher, Banister (2001) [First published 1896]. Sir Banister Fletcher's a History of Architecture (20th ed.). London: Architectural Press. ISBN0-7506-2267-9.
Gardner, Helen; Kleiner, Fred S.; Mamiya, Christin J. (2005). Gardner's Art through the Ages: The Western Perspective2 (12th ed.). Belmont: Wadsworth. pp. 499–500, 571–575. ISBN0-495-00479-0.