O monte da Frouxeira ou Frouseira[1] é un cumio de 427 m de altitude,[1] situado entre os concellos galegos de Foz e Alfoz, na provincia de Lugo. Está conformado por granito rosado con grandes penedos e bolos. No cume atópanse os restos do castelo da Frouxeira, propiedade do mariscal Pardo de Cela, e unha privilexiada vista panorámica da costa focense e do Valadouro.
Galería de Imaxes
Panorámica dende o castelo da Frouxeira. A parte esquerda forma parte do castelo no cumio do monte.