Os niños están construídos case exclusivamente coa saliva destes paxaros, e teñen unha forma e un tamaño semellantes ao dunha orellahumana.
Nome, prezo e consumo
O nome, yàn wō, provén do niño das salanganas, que se utilizan para elaboraren este prato.
Estes niños que as aves fan coa súa saliva solidificada, considéranse entre os produtos máis caros entre os consumidos polos humanos. Véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezo que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados. Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[4]
Consumíronse tradicionalmente na China durante os últimos 400 anos, xeralmente en forma de sopa.[5]
Características
Cundo se disolve en auga o niño destes paxaros, danlle unha textura xelatinosa, empregada nas sopas asiáticas ou no doce tong sui da cociña chinesa. Faise referencia, porén, de forma maioritaria a jin wo cando se fala tanto da sopa doce ou salagada da cociña chinesa.[Cómpre referencia]
Hoxe, debido en parte ao caro que é este prato, simúlanse os niños na elaboración da sopa co emprego de produtos substitutos, que usan glicoproteínasvexetais e até pel de porco (aperitivo), que posúe unha textura similar á dos niños. Por estas razóns, desenvolveuse a investigación sobre a composición e os efectos dos verdadeiros niños de andoriña.[3]
Os niños máis solicitados son os provenientes de varias especies de salanganas, especialmente de Aerodramus fuciphagus e Aerodramus maximus, porque na súa construción estas especies utilizan unicamente a súa saliva e non usan plumas nin materias vexetais como o resto dos seus parentes.[6] Así mesmo, úsanse tamén os dalgunhas especies do xénero Collocalia.
A sobreexplotación dos niños nas colonias reprodutoras destas aves púxonas en perigo de extinción en moitos lugares. Como exemplo, a pesar de que na actualidade o status global da especie Collocalia linchi, segundo a UICN, é "pouco preocupante", na illa Karimata, de Indonesia, existiu en tempos unha considerábel poboación de aves desta especie, poboación que recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.
Notas
↑Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International38: 1125-1134.
↑ 5,05,1Hobbs, Joseph J. (2004): "Problems in the harvest of edible birds’ nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo." Biodiversity and Conservation13: 2209-2226.
↑Gausset, Quentin (2004): "Chronicle of a Foreseeable Tragedy: Birds' Nests Management in the Niah Caves (Sarawak)." Human Ecology32: 487-506.