Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Celta (homónimos).
A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos (hidrónimos) ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual.
Antigos topónimos célticos
En Galicia, aproximadamente a metade dos topónimos non latinos transmitidos dende a antigüidade nas obras dos autores e xeógrafos clásicos (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo etc.), ou en inscricións epigráficas romanas, resultaron ser de orixe céltica,[1][2] sendo a outra metade maioritariamente indoeuropeas, en todo caso sendo incontestablemente non célticas ou carecendo dunha sólida etimoloxía céltica.
Deseguido preséntase unha lista non exhaustiva de topónimos cuxa orixe é, o máis seguro, céltica.[3] A característica máis elemental é -bri(s),[4] do proto-céltico *brigs,[5] coa súa derivación *brigā, ambas as dúas co significado de “outeiro” e por tanto “castro” e “poboado”. Os asentamentos coñecidos en Galicia durante a Idade de ferro eran os castros e poboados fortificados situados en outeiros e penínsulas. Moitos deles foron abandonados logo da conquista romana.
Aediobri:[6] Dunha inscrición votiva ó deus BANDVE AEDIOBRICO. De *aydu- “lume” ou *(p)ētu- “prado, terra, territorio”,[7] e *brixs “castro”. Cf. Irlandés brí “outeiro”, e a poboación dos Aedui na Galia.
Asseconia ou Assegonion:[8] Un poboado. Quizais de *Ad-sego- “A moi forte”.
Aviliobris:[9] Castellum (castro) no noroeste de Galicia. De *Awelyobrixs “outeiro ventoso”. Cf. Bretón awel “vento”.
Adrobricam urbem:[10] Cidade dos ártabros. De *brig- “castro”.
Albiones:[11] Un pobo localizado entre os ríos Navia e Eo. De *albiyo- “mundo (superior)” ou “país”.[12] Pode ter relación co antigo nome da Illa de Gran Bretaña, que era Albion.
Arrotrebae:[11] Pobo costeiro do noroeste de Galicia. De *trebā “asentamento”, e *aryo-, tanto “home libre”[13] como unha derivación de *(p)are- “en fronte de”.[14]
Aunios:[15][16] Unha illa no océano Atlántico, actual Ons. Do céltico *auni-, de significado e etimoloxía descoñecidas.[17]Hidacio menciona un pobo local denominado Aunonenses, enfrontado ós recentemente chegados suevos no século V.
Berisamo:[18] O castro dos Cileni. Probablemente do superlativo *Bergisamo- “O máis alto”.[19]
Beriso:[18] O castro dos Cabarci, probablemente do comparativo *Bergiso- Meirande”.[19]
Bonisana:[20] Un poboado. De *bonu- “alicerce, base”. Cf. Lingua irlandesa antigabun “alicerce, base, esteiro”.
Brigantia:[18] Cidade antiga, moi probablemente a actual A Coruña (Faro Bregancio en 971). De *brigant- “relevante, poderoso”.[21]
Callaecia[15] “A terra dos Callaeci”, de *kallā- “madeira”[22] co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza.
Calubriga:[23] Un castro. De *brigā “castro” e un primeiro elemento de significado incerto.
Cambetum:[24] Un poboado. De *kambo- “torcer, retorcer”.
Canibri:[23] Un poboado. De *kani- “bo, lindo” e *brigs “castro”. Cf. Lingua irlandesa antiga cain “bo, lindo”.
Celtici: Tanto un nome descritivo empregado por xeógrafos clásicos a un fato de pobos que habitaban o occidente de Galicia, como un endónimo céltico baseado no *kelt- nunha serie de nomes hispanocélticos: CELTIATUS, CELTIATIS, ARCELTI, CONCELTI, CELTIUS.[25]
Cistonia:[26] Un poboado. De *kistā- “canastra entretecida”,[27] e eventualmente “carro”.[28]
Coelerni:[29] Pobo que habitaba no sur de Galicia. De *koyl- “delgado“. Cf. Lingua irlandesa antiga cóil “exiguo, fraco”.
Coeliobriga:[26] Un oppidum preto de Celanova, moi probablemente a capital dos Coelerni. De *koyl- e *brigā.
Copori: Pobo habitante da Galicia central, dende a confluencia do río Sar e Ulla no oeste, até Lugo no leste. O seu nome é probablemente non céltico, mais nótese o picto *copor- “confluencia”,[30] quizais de *kom-bero- “confluencia” (ou “xuntar”).[31]
Ebora:[32] Porto na desembocadura do río Tambre. De *eburo- “teixo”.
Ebronanto (Valerio do Bierzo, Ordo Cerimonialis, c. 650). Un estado preto da actual Rubiá. De *Eburo-nantu “Val do teixo”.
Equaesi:[33] Un pobo habitante do sur de Galicia. De *ekʷo- “cabalo”.[34] Cf. Lingua irlandesa antiga ech “cabalo”.
Ercoriobri:[35] Un castro dos albións. É unha composición do primeiro elemento *(p)are-koro- “golpe” (cf. Lingua bretoaercor “golpe”),[36] ou *Ēri-corio- “exército/tribo do oeste”,[37] e *brixs “castro”.
Gigurri:[14] Pobo que habitaba a actual Valdeorras. De *Gigur-yo, quizais “os gansos”. Cf. Lingua irlandesa antiga gigrann “ganso”. Suxire E. Bascuas[38] aínda que sen moita convicción e entre outras posibilidades, que é unha forma de *gigur “ganso”, relacionada cunha forma proto-celta *giguranos[39] “ganso salvaxe” (antigo irlandés Gigren, Giugrann “ganso” e galés Gwyrain “parrulo salvaxe”) co que este pobo sería simplemente “os gansos”.
Laniobriga:[43] Probable nome anterior do castro de San Cibrao de Las, San Amaro, a pesar de que a lectura da inscrición que contén o topónimo é debatida.[44] De *(p)lānyobrigā “castro da chaeira”.[45]
Laniobre:[43] Bispado durante o século VII. De *(p)lānyobrixs.
Lemavi:[46] Pobo habitante do val de Lemos. De *Lēmawoi “o pobo dos olmos”, de *lēmo- “olmo”. Outros autores póñeno en relación á raíz indoeuropea Lim-, Lem-, Lym-, que tería que ver con zonas pantanosas ou lagoas.[47]
Limia:[48][49] Actual río Limia, preto das súas fontes tórnase nunha gran lagoa ou zona pantanosa, hoxe desecada. De *līmā- “inundación”.[50] Cf. Galés llif idem.
Lubri:[43] Castro dos celtici. O primeiro elemento, *lū-, pode ser unha evolución de *luw- “ceibar, fuxir”, ou de *low- “fluír”, entre outras posibilidades. Quizais Lubri “o castro ceibe”.
Medullium: Montaña na que un gran número de loitadores galaicos poderían ter sido asediados polos romanos,[51] suicidándose os primeiros cando a situación se tornara desesperada. De *med-o- “xuíz”, *med-yo- “metade” ou *medu- “hidromel”.[52] Cf. topónimos Medulli, Medullis, Medulla, na Galia.
Minius:[48] O río galego máis longo, actual río Miño. De *mīno- “maino, lene”, cf. Lingua irlandesa antiga mín idem.
Miobri:[53] Castro dos celtici. Probablemente de *Meyobrixs “pequena fortaleza”.[54] Unha adicatoria a COSO MEOBRIGO (*Meyobri-ko) pode referirse tamén a este castellum, ou a calquera co mesmo nome.
Morodon:[55] Un poboado a carón do océano. De *mor- “mar” e *dūno- “fortaleza”. Cf. o topónimo británico Moridunum.
Navia:[20][56] Río que na actualidade conserva o mesmo nome . De *nāwiā- “bote (xerro, cunca)”.[57]
Nemetobriga:[35] Probablemente a capital dos Tiburi, no sueste de Galicia. De *nemeto- “santuario” e *brigā “castro”.
Nerii:[58] Tribo céltica que habitaba nos arredores da actual Fisterra. De *nero- “heroe”.
Novium:[59] Un poboado considerado a actual Noia. De *nowyo- “novo”.
Ocelum:[60] Un poboado preto de Lugo. De *ok-elo- '”promontorio”.[61]
Olca:[62] Unha fortaleza en Rodeiro, nas terras altas da dorsal galega. De *(p)olkā “terras arables”.[63]
Olina:[64] Un poboado. De *olīnā- “cóbado, ángulo”.
Ontonia:[65] Un poboado. De *φonth2-on-yā “(o do) vieiro”.
Querquerni: unha tribo do sur galego. Do indoeuropeo *perkʷos “carballo”, con asimilación céltica.[66]
Seurri: unha tribo que habitaba a ambos os lados do curso medio do río Miño. De *seg-ur-yo-, “os poderosos”.[67]
Talabriga:[68] Castro dos Limici. De *talu- “fronte, saínte, escudo”[69] e *brigā “castro”.
Verubri:[71] Nome dun castro, como se deduce dunha adicatoria ó deus BANDUE VERUBRIGO (*Weru-bri-ko ou *U(p)ero-bri-ko). De *weru- “largo” ou *u(p)er- “superior”, e *brixs “castro”.
Vindius: A Cordilleira Cantábrica. De *windo- “branco”, polo tanto “As Montañas Brancas”.
No século V ou VI unha colonia de britanos asentouse no norte de Galicia,[72] e os seus bispos acudiron a numerosos concilios, primeiro do Reino suevo, e despois dos visigodos en Toledo, até o século VIII. Atribúenselle unha serie de topónimos:[73]
Bertoña: Un lugar da parroquia da Capela, no concello do mesmo nome. Foi o centro da rexión denominada Britonia até ben entrado o século XI, abranguendo os concellos da Capela e Moeche.
Existiu tamén unha vila Bretonos preto da cidade de Lugo, na Idade Media.[74]
Topónimos medievais e modernos
Aínda que os topónimos célticos poden atoparse por todo o territorio galego, a meirande parte dos topónimos célticos e prelatinos atópanse nas áreas costeiras, máis notablemente nas Rías Altas, nos arredores da Coruña e no val do río Ulla.
Comarcas, montañas e illas
Algunhas comarcas cando se espallan por varios concellos manteñen os nomes directamente herdados das tribos e sub-tribos prerromanas ou con orixe prerromana:
Bergantiños (Bregantinos, 924): Comarca, de *brigantīno-[76] “rei”, ou de *brigantigno-,[77] ambos os dous étimos poderían ter producido o mesmo resultado. Cf. Lingua galesa mediabrenhin “rei”.
Carnota (Carnota, 915): Concello costeiro presidido polo Monte do Pindo, monte granítico sagrado. Tamén é o nome dun monte preto de Doroña, Vilarmaior.[78] De *karn- “rima, morea”,[79] con sufixo hipocorístico.
Céltigos[80] (Celticos en 569): Rexión da tribo local dos Celtici (plural acusativo Celticos), que habitaron o extremo occidental galaico. Coa mesma orixe, implicando posteriores migracións:
Larouco (Latín Larauco): Montaña en Baltar e tamén un concello e parroquia onda o río Sil; tamén hai un lugar baixo o nome Larouce, no Carballiño. Probablemente de *(p)lārHw-ko-, unha derivación de “terreo/chaira”.[82] Cf. Lingua irlandesa antiga lár “terreo, superficie”.
Lemos (Lemabus, 841): Comarca no sur de Lugo. É unha evolución do nome da tribo dos Lemavos, que habitaron esas terras. Do céltico *lēmo- “olmo”.
Nendos[80] (Nemitos, 842): Antigo territorio, do céltico *nemeto- “lugar sacro, santuario”,[76] e “persoa privilexiada”.[83] Lugar onde habitaron os nemetatos.
Ambía[85] (Ambia, 949): Río tributario do Arnoia. Do proto-céltico *ambe- “río”.[86]
Chonia:[87] Tributario do río Tambre. Do protocéltico *klowni- “pradaría”.
Deva (Deva, 961):[88] Cando menos dous ríos galegos se chaman Deva, os dous tributarios do Miño: o primeiro río Deva corre polos concellos de Arbo e A Cañiza, o segundo río Deva por Pontedeva. Do céltico *dēwā “deusa”.[89] Cf. Os ríos Deva en Cantabria e mailo río Dee, na Bretaña, antigo Dēva.[90]
Dubra[85] (Dubria, 1110), afluente do río Tambre. Do protocéltico *dubrā- “escuro”,[76] que en numerosas linguas célticas desenvolveuse semanticamente no substantivo “auga”. O concello de Val do Dubra recibe o seu nome deste río.
Landro:.[91] Río que flúe polo concello de Viveiro. De *(p)lān- “río da chaira”,[92] ou *land- “campo aberto (val)”.
Limia:[48] Do céltico *līmā- “inundación”,[50] polo que probablemente sexa o “río da terra asolagada”.
Mandeo (Mandeum, 803):[93] Probablemente de *mandus “poni”.[86]
Mendo (Minuete, 964):[94] Río que flúe por Betanzos até o mar, canda o máis longo Mandeo. De *menwo- “pequeno, minúsculo”. Cf. Irlandés menb 'idem'.
Miño:[48] O meirande río de Galicia, de *mīno- “maino, lene”. Cf. Irlandés antigo mín idem.
Nanton:[95] río tributario do Tambre, do protocéltico *nanto- “regueiro, val”. Outro distinto, o río das Gándaras tamén levou o mesmo nome no pasado (Nantoni, 955).[96]
Navia:[20] Río que serve de fronteira entre Galicia e Asturias.[97] De *nāwiā- “bote (xerra, cunca)”.[57] Cf. Castelán nava “val entre montañas”. Outro río, tributario do Sil nado nas montañas de Serra de Queixa, na provincia de Ourense, tamén se chama Navea.
Tambre:[99] Antigo Tamaris. De *tamo- “escuro”. Cf. Os ríos británicos Tamar (antigo Tamarus), río Támese (Thames) e Tamius. Outros dous ríos galegos levan nome intimamente ligados (os dous de *Tam-ikā): Támega (Tamice, 982),[100] tributario do Douro; e o Támoga (Tamega, 934),[100] tributario do Miño.
Parroquias e vilas
A maioría das 3.794 parroquias de Galicia son a continuación das "vilas" romanas e medievais, con frecuencia fundadas preto, ou ás veces, sobre vellos castros da Idade de Ferro. Moitas destas parroquias conservan antigos nomes prelatinos.
Topónimos que conteñen o elemento céltico *-brig- 'outeiro'
O elemento máis frecuente entre os topónimos célticos de Galicia[4] é *brigs,[101] que significa "outeiro, sitio alto", e por extensión "castro, fortificación no alto". Normalmente este é o segundo elemento en topónimos compostos que rematan en -bre, -be ou -ve,[102] están relacionados co gaélico irlandésbrí "outeiro", coa mesma orixe: proto-céltico *-brigs > -brixs > -bris. Uns poucos topónimos rematados en -bra proceden dun derivado -brigā "castro, fortificación nun outeiro", que deu lugar no bretón e no galés a bre "outeiro". Algúns destes topónimos son:[103]
Primeiro elemento
Bérgoa: Localidade de Ponteareas, e Bregua, poboación de Culleredo. Procede de Bergula, do proto-céltico *berg- "outeiro".[104]
Bergaña: Localidade en Valdoviño. Do proto-céltico *brig- "outeiro".[104]
Bergaza, Bergazo: Varias localidades de Quiroga, Coles, O Corgo, e un monte en Xove. Do proto-céltico *brig- "outeiro".[104]
Berganzos: Lugar de Xove. Do proto-céltico *brig- "outeiro".[104]
Brión: Diversas localidades de Boiro, Rianxo, Malpica de Bergantiños e Outes, unha parroquia de Ferrol, e outros moitos lugares e outeiros de todo o país, incluíndo un concello. Do proto-céltico *brig- "outeiro".
Briallo:[105] Lugares en Oza-Cesuras e Ponteceso. O plural Briallos é unha parroquia en Portas e un lugar en Pantón. De *brig- "outeiro", co sufixo prelatino -alyo-, ou o latino -aculo-.
Alcabre: Unha parroquia de Vigo. De *Alko-bris "outeiro do cervo".
Último elemento
Alcobre (Arcobre en 991): Un lugar en Vila de Cruces. De *Arcobris.[106] O primeiro elemento pode estar ligado ó indoeuropeo *areq- "protexer, abranguer" (latín arx "forte, bastión").
Alxibre: Un lugar en Riotorto, probablemente de *Alisibris[107] "outeiro dos amieiros".
Anzobre (Anazobre, 971 CE; Anezovre, 966 CE): Un lugar en Arteixo. De *Antyobris, cun primeiro elemento de significado pouco certo,[108] posiblemente de *anto- "límite, fronteira", ou de *anatia- "alma".[86]
Añobre (Arnobre en 1122): Unha parroquia en Vila de Cruces. O primeiro elemento pode ser o primitivo hidrónimo *Arno (cf. río Arno, en Italia).
Añobres: Un lugar en Muxía. Probablemente de *ānniyobris "outeiro anel" (Cf. irlandés antigo ainne "anel"),[76] ou de *(p)anyobrixs "castro onde o mar".[109] O mesmo significado pode atribuírse a Ombre (Anovre en 1114), unha parroquia en Pontedeume; Ombre (Anobre en 971), un lugar no Pino; e Ombre, outros tres lugares en Culleredo, Miño e Brión.
Baiobre: Dous lugares, un en Arzúa e outro en Touro. Probablemente de *Badyobris "outeiro amarelo".[110]
Bañobre: Dous lugares, un en Guitiriz e outro en Miño. O primeiro elemento podería ser *wāgno- "val, faldra, prado, pantano".[76]
Barallobre: Dous lugares en Betanzos e Friol, e unha parroquia en Fene (Baraliobre en 1110). O primeiro elemento vén do substantivo baralla "confrontación, debate, discurso", de orixe descoñecida.
Bedrobe (Bredovre, 1385 CE): Unha aldea de Tordoia. O primeiro elemento probablemente vén de *brito- "xuizo".[111][112]
Biobra: Unha parroquia de Rubiá. De *Bedobrigā, "gabia/canle".[113]
Boebre (Volebre, 922 CE): Unha parroquia en Pontedeume. O primeiro elemento refírese probablemente a *welH- 'gobernar'.[114]
Callobre: Dúas parroquias, unha en Miño (chamada Caliovre en 1114) e outra en A Estrada, ademais de dúas vilas, en Oza-Cesuras (Caliobre en 887) e en Ortigueira. O primeiro elemento podería vir de *kallī- "bosque"[115] ou *kalyo- "duro".[116]
Canzobre (Caranzobre, 1399 CE): Unha vila de Arteixo, de *Carantyobris. Probablemente de *karant- "amigo".[117]
Castrove (alpe Castovre in 1025): Un outeiro próximo a Pontevedra. O primeiro elemento é difícil de identificar, pero parece provir do substantivo galo casticus "castelo" (cf. castrum en latín).[113]
Cecebre (Zerzebre, 942 CE): Unha parroquia de Cambre. Podería derivar de *kirk- "anel",[118] ou da forma *korko- "pantano".[119]
Cezobre: Unha aldea de Agolada. Pode ser que veña de *Kaytyobris "bosque no outeiro".[120] Do mesmo xeito Setúbal, en Portugal, vén da antiga Caetobriga.
Cillobre: Dous lugares en Culleredo e Touro. O primeiro elemento pode ser *kēlyo- 'compañeiro', e así 'Compañeiro-Outeiro(forte)'.[121]
Ciobre: Un lugar en Narón. O primeiro elemento pode ser *kiwo- 'néboa'.[122]
Coebre (Colobre, 935 CE): Un lugar en Oza-Cesuras. O primeiro elemento pode ser *kʷolu- 'roda'[123]
Cortobe: Un lugar en Arzúa, posiblemente dun primeiro elemento *corto- 'redondo'[124]
Fiobre: Un lugar en Bergondo. O primeiro elemento pode ser unha evolución de *widu- 'madeira'.[125] Nótese a inscrición portuguesa NIMIDI FIDUENEARUM HIC.[126]
Illobre: Un lugar en Betanzos e unha parroquia en Vedra. O primeiro elmento pode ser *īlyo- 'inflado'.[127] Cf. nome galo Iliomarus.
Iñobre: Un lugar en Rianxo, nun pequeno outeiro na baía de Arousa. Probablemente de *(p)en-yo-bris 'Outeiro no/na pantano/auga'.[128][129]
Ixobre: Un lugar en Ares. Probablemente de *Isyo-bris.[130] O seu primeiro elemento debe ser *iso- 'rápido, potente'[131] (cf. Isère, un río en Francia).
Landrove: Unha parroquia en Viveiro, preto do río Landro. Polo que simplemente pode significar 'outeiro no río Landro'; desde o elemento céltico *landā- 'terra aberta'.[132]
Laxobre: Un lugar en Arteixo. O primeiro elemento é o mesmo que no substantivo galego laxe 'losa de pedra, pedra plana', forma medieval lagena, a céltica *(p)lāgenā que orixinou no irlandés antigo láigean 'punta de lanza ancha', e en galés llain 'folla de coitelo, espada'.[133]
Lentobre antigamente, actualmente Vilouchada, parroquia e lugar en Trazo, ('uilla que ab antiquis uocitabatur Lentobre et nunc uocitatur Ostulata, subtus castro Brione', 818 CE).[134] De *Lentrobrixs 'Castro na pendente', de *lentrā 'pendente, costa', cf. galés llethr idem.
Lestrobe: Dous lugares en Dodro, e Trazo. De *Lestrobris, onde o primeiro elemento é o proto-céltico *lestro- 'recipiente, contedor; panal'.[135] Polo que pode ser que *Lestrobris = 'Castro no val / depresión'.
Maiobre: Un lugar en Ares, de *Magyobris 'Gran castro'.[136]
Montrove, vila en Oleiros. Probablemente un híbrido latino (mons, montis) e celta que significaría, literalmente, 'outeiro-outeiro'.[134]
O Grove (Ogrobre, 912 CE): Concello con dúas parroquias e unha cidade, nunha península no océano Atlántico. Derivado por metátese de *Okobre < *Okro-brixs 'Castro no bordo/ángulo'[134][137] Hai outros tres lugares co nome Ogrobe, en Pontedeume, Mondoñedo, e Taboada.
Obre: Unha parroquia en Noia (era Olobre en 1113)[130] e outra máis en Paderne. O primeiro elemento pode ser *olo- 'detrás, máis aló'.[138]
Pezobre: Unha parroquia en Santiso. O primeiro elemento parece ser o mesmo que orixinou a palabra galega 'peza', do proto-céltico *kwezdi- a través do galo *pettia-.[34]
Rañobre: Un lugar en Arteixo. O primeiro elemento pode ter múltiples orixes, pero pode ser *(p)rasn-yo- 'compartir, parte'.
Sansobre: Un lugar en Vimianzo. Probablemente de *Sent-yo-bris,[139] onde o primeiro elemento pode vir do celta *sentu- 'camiño', ou *sentiyo- 'veciño',[140] ou tamén de *santo- 'separado'.[141]
Sillobre (Siliobre, 830 CE): Unha parroquia en Fene. O primeiro elemento é probablemente *sīl 'descendente, semente'.[76]
Tallobre: Un lugar en Negueira de Muñiz. De *Talyo-bris, con orixe e significado similar ó anterior.
Tiobre (Toyobre, 1037 CE): Unha parroquia en Betanzos. O primeiro elemento refírese probablemente ó céltico *togyā 'tellado, cuberta', *tegos 'casa'.[76]
Tragove, un pobo nunha península en Cambados, na baía de Arousa. Probablemente derivado de *Tragobris 'Castro na praia', do céltico *trāg- 'praia, baixamar'.[76]
Trobe (Talobre, 914 CE): Unha parroquia en Vedra. De *Talo-bris,[134] cf. *talu- 'fronte, protuberancia', *talamon- 'chan'.[76]
Vendabre, antigo lugar (Uendabre, 887 CE):[139] De *windo- 'branco' e *brixs. Cf. Vindobona, nome antigo de Viena.
Xiabre: Un outeiro en Catoira. De *Senābris 'Vello castro',[139] onde o primeiro elemento é o céltico *senā- 'vello (ela)'. Cf. Sanabria, Senabria en 929.
Topónimos baseados nun superlativo
Outro tipo de topónimo céltico frecuente en Galicia son os que están formados por un superlativo,[142] tanto os formados co sufixo -mmo- como coa composición -is-mmo-:
Beresmo:[143] Un lugar de Avión, do céltico *berg-is-amo- "o máis alto".
Outros lugares e parroquias teñen nomes con orixe pre-Latinos, probablemente céltico, especialmente nas áreas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra, e todo ó longo do val do Ulla. Por exemplo:
Proto-céltico *abank- 'vimbio':[152]Abanqueiro, medieval Avankario, parroquia e lugar cunha lagoa, en Boiro.
Proto-céltico *arganto- 'prata, brillante':[153]Arganzo, un lugar en Mañón, a *Argantyo-.[154] Cf. bretón antigo argant, córnico argans 'prata'.
Proto-céltico *bend- 'pico saínte':[155]Bendaña, medieval Bendania, unha parroquia en Touro. Bendoiro, medieval Bendurio, unha parroquia en Lalín.
Proto-céltico *brīwā 'ponte':[156]Bribes, unha parroquia en Cambre (Brivis, 1154 CE), e un lugar en Vimianzo. Formalmente un locativo plural en latín que significa '(onde) o -'. Tamén, Dumbría, un concello, antigamente Donovria. Hai varios Brives en Francia.
De *dūno- 'forte':[156]Dumbría, cidade, parroquia e concello. Foi Donobria no 830, dende *Dūnobrīwā.
De *karanto- 'amigo, amado':[158]Carantoña, dúas parroquias en Miño (Carantonia, 1096) e Vimianzo. Un lugar en Lousame (Carantonio, 1157). Carantos, lugar en Coristanco.
De *kerbo- 'incisivo, afiado':[81]Cervaña, parroquia en Silleda.
De *lem- 'olmo': Lemaio (a *Lēmawyo-), parroquia en Laracha.
A *mrg- 'territorio':[159]Cambre (Calamber in 959) concello, parroquia e cidade. Tamén, unha parroquia en Malpica de Bergantiños, e un lugar en Carballo; Oímbra (Olimbria en 953), concello, parroquia e cidade; Pambre, unha parroquia en Palas de Rei (Palambre c. 1009) e un lugar en Ramirás.
De *(p)lār- 'chan': Laraño, unha parroquia en Santiago de Compostela (Laranio, 1201), e un lugar en Vedra. Laranga (a *Laranicā 'Do chan') lugar en Porto do Son.
De *(p)let- 'ancho, amplo': Ledoño,[161] parroquia en Culleredo.
↑En xeral, cf. Falileyev (2007), Curchin (2008), Luján (2006). As formas proto-célticas están dadas en xeral de acordo ás formas propostas por Matasovic (2009). Como no resto do artigo, o asterisco indica unha forma hipotética.
↑Os topónimos rematados en -ve, -be xeralmente proceden de topónimos rematados en -bre / -vre, a través de metátese ou disimilación. Cf. Moralejo (2007) p. 39.
↑En xeral, e para a maioría destes topónimos: Prósper (2002) pp. 357-382.
Prósper, Blanca María (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-818-6.
Prósper, Blanca María and Francisco Villar (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: Genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-530-7.
Gerland Gerland (Frankreich) Staat Frankreich Region Bourgogne-Franche-Comté Département (Nr.) Côte-d’Or (21) Arrondissement Beaune Kanton Nuits-Saint-Georges Gemeindeverband Gevrey-Chambertin et de Nuits-Saint-Georges Koordinaten 47° 6′ N, 5° 0′ O47.0955.0072222222222Koordinaten: 47° 6′ N, 5° 0′ O Höhe 199–227 m Fläche 20,68 km² Einwohner 435 (1. Januar 2020) Bevölkerungsdichte 21 Einw./km² Postleitzahl 21700 INSE...
Museo Picasso Málaga (Teilansicht) Das Museo Picasso Málaga, Eigenschreibweise museoPICASSOmálaga, in der Großstadt Málaga (Andalusien, Spanien) präsentiert in den Räumlichkeiten des Palacio de los Condes de Buenavista (Palast der Grafen von Buenavista) in der Calle San Agustín unweit des Geburtshauses von Pablo Picasso mehr als 200 seiner Werke aus den Bereichen Malerei, Skulptur und Keramik. Es liefert einen Überblick über sämtliche Schaffensperioden des Künstlers. Inhaltsverzei...
Пол Макдональдангл. Paul MacDonaldЗагальна інформаціяНаціональність новозеландецьГромадянство Нова ЗеландіяНародження 8 січня 1960(1960-01-08) (63 роки)Окленд, Нова ЗеландіяЗріст 179 смВага 85 кгСпортКраїна Нова ЗеландіяВид спорту веслування на байдарках і каное Участь і �...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Vapor recovery – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2020) (Learn how and when to remove this template message) Gas nozzle with vapor recovery Vapor (or vapour) recovery is the process of collecting the vapors of gasoline and other fuels, so ...
Roberta MetsolaMEPPresiden Parlemen EropaPetahanaMulai menjabat 18 Januari 2022Penjabat: 11 Januari 2022 – 18 Januari 2022Wakil PresidenOthmar KarasPendahuluDavid SassoliWakil Presiden Pertama Parlemen EropaMasa jabatan12 November 2020 – 18 Januari 2022PresidenDavid SassoliPendahuluMairead McGuinnessPenggantiOthmar KarasAnggota Parlemen Eropauntuk MaltaPetahanaMulai menjabat 24 April 2013PendahuluSimon Busuttil Informasi pribadiLahirRoberta Tedesco Triccas[1]18 Ja...
Grenay Grenay (Frankreich) Staat Frankreich Region Auvergne-Rhône-Alpes Département (Nr.) Isère (38) Arrondissement Vienne Kanton La Verpillière Gemeindeverband Collines Isère Nord Communauté Koordinaten 45° 40′ N, 5° 5′ O45.6652777777785.0802777777778Koordinaten: 45° 40′ N, 5° 5′ O Höhe 220–321 m Fläche 7,20 km² Einwohner 1.626 (1. Januar 2020) Bevölkerungsdichte 226 Einw./km² Postleitzahl 38540 INSEE-Code 38184 ...
A group image depicting the DigiDestined featured in Digimon Adventure. Also present in the back row are Gennai in a Mekanorimon, Ogremon, and Centarumon, and in the front, Elecmon. Digimon Adventure, Digimon Adventure 02, Digimon Adventure tri. and Digimon Adventure: Last Evolution Kizuna are produced by Toei Animation for the Digimon franchise, are centered on the DigiDestined (選ばれし子供達, Erabareshi Kodomotachi, Chosen Children), a group of children chosen to protect the Digital...
Women's Studio WorkshopFormation1974HeadquartersRosendale, New YorkWebsitewsworkshop.org Women's Studio Workshop (WSW) is a nonprofit visual arts studio and private press offering residencies and educational workshops, located in Rosendale, New York. The workshop was founded in 1974 by Ann Kalmbach, Tatana Kellner, Anita Wetzel, and Barbara Leoff Burge as an alternative space for female artists to create new work, gain artistic experience, and develop new skills. The studio operates throughou...
Film and literary sub-genre The erotic thriller is a film subgenre defined as a thriller with a thematic basis in illicit romance or erotic fantasy.[1] Though exact definitions of the erotic thriller can vary, it is generally agreed bodily danger and pleasure must remain in close proximity and equally important to the plot.[2] Most erotic thrillers contain scenes of softcore sex and nudity, though the frequency and explicitness of those scenes can differ from film to film.[...
بنو مروان معلومات القبيلة البلد السعودية اليمن العرقية عرب الديانة الإسلام النسبة عك بن عدنان تعديل مصدري - تعديل بنو مروان ، أو قبائل بني مروان: هي قبيلة من قبائل الجزيرة العربية وتقطن في بادية تهامة وجبالها أو ما كان يعرف بمخلاف عك قديما، وهي ما زالت في مساكنها �...
Japanese flautist This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Katsuya Yokoyama – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2014) Katsuya YOKOYAMABorn(1934-12-02)December 2, 1934Shizuoka, JapanDiedApril 21, 2010(2010-04-21) (aged 75)Other names横山 勝也OccupationShakuhachi...
2007 non-fiction book by Oliver Sacks This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article's tone or style may not reflect the encyclopedic tone used on Wikipedia. See Wikipedia's guide to writing better articles for suggestions. (December 2019) (Learn how and when to remove this template message) This article possibly contains original research. Please improve it by verifying the...
M-25 Type Radial engine Manufacturer Shvetsov Number built 13,888 Developed from Wright R-1820 Developed into Shvetsov ASh-62 The Shvetsov M-25 was an aircraft radial engine produced in the Soviet Union (USSR) in the 1930s and 1940s, a licensed production variant of the Wright R-1820-F3. Design and development The first M-25s were produced from kits imported from the United States; the main difference between the later M-25 and the R-1820-F3 was the use of metric components. 13,888 M-25s were...
Shopping mall in Grand Traverse County, MichiganGrand Traverse MallSouth side of Grand Traverse Mall from South Airport RoadLocationGarfield Township, Grand Traverse County, Michigan (Traverse City address)Coordinates44°43′30″N 85°38′24″W / 44.725°N 85.64°W / 44.725; -85.64Address3200 South Airport Road WestOpening dateMarch 1992; 31 years ago (1992-03)DeveloperGeneral Growth PropertiesManagementBrookfield PropertiesOwnerBrookfield Pr...
Джеррі Вільямсшвед. Jerry Williams Основна інформаціяПовне ім'я швед. Sven Erik FernströmДата народження 15 квітня 1942(1942-04-15)[1]Місце народження Solnad, лен Стокгольм, ШвеціяДата смерті 25 березня 2018(2018-03-25)[2][1] (75 років)Місце смерті ТебюПричина смерті злоякісна пухлинаПоховання ц�...
For similarly named synagogues, see Beth Shalom. Beth Shalom Synagogueבית כנסת בית שלוםExterior of the synagogueReligionAffiliationOrthodox JudaismRiteSephardicLeadershipRabbi Gabriel NegrinStatusActiveLocationLocation5 Melidoni StreetAthens, Greece 105 53Geographic coordinates37°58′42″N 23°43′13″E / 37.9782°N 23.7203°E / 37.9782; 23.7203ArchitectureArchitect(s)Emmanuel Lazaridis (1894-1961)TypeGreek RevivalCompleted1935[1] Beth Shalom...
Racing team owned by Matra This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Equipe Matra Sports – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2015) (Learn how and when to remove this template message) Equipe Matra SportsBaseVélizy-Villacoublay, Paris, FranceTeam principal(s)Jean-Luc LagardèreFoun...
آيت ساعد تقسيم إداري البلد المغرب الجهة الرباط سلا القنيطرة الإقليم سيدي قاسم الدائرة الشراردة الجماعة القروية ثكنة المشيخة تكنة الشمارخ السكان التعداد السكاني 34 نسمة (إحصاء 2004) • عدد الأسر 5 معلومات أخرى التوقيت ت ع م±00:00 (توقيت قياسي)[1]، وت ع م+01:00 (توقيت صيف�...