Fabriciano "Fabri" González Penelas, nado en Santa Comba (Lugo) o 25 de abril de 1955, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego, que xogaba de centrocampista. Adestrou máis de 30 clubs ao longo de máis de catro décadas de carreira como técnico.
Traxectoria
O 16 de xuño de 2012 anunciouse a súa contratación polo SD Huesca, dimitindo poucos días despois alegando motivos persoais. O 13 de agosto anunciouse a súa contratación polo Racing de Santander, en substitución de Juan Carlos Unzué.
En marzo de 2017 fíxose cargo do Club Petrolero, da Primeira División boliviana, firmando por un ano.[1] Dous meses máis tarde renunciou ao cargo.[2]
O 22 de decembro de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Lorca FC, de Segunda División, en substitución de Curro Torres.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas